Wednesday 24 de April de 2024

Torneo Fútbol 8 San Sadurniño + estrea de “Pedras no camiño”, dentro do proxecto LÓVA


Van algunhas fotos do inicio do torneo de fútbol base que se disputa durante toda esta fin de semana no campo dos Currás, ao pé da piscina municipal, e tamén da estrea da obra “Pedras no camiño” preparada polo alumnado de 6º de Educación Primaria do CPI San Sadurniño dentro do proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). A peza está escrita, dirixida, interpretada e decorada polas propias rapazas e rapaces con axuda das súas profesoras. Trata o tema do acoso escolar, incidindo en que ante este problema non se debe mirar para outro lado.